Sobre nós

A Senda do Moucho.

Nado en Vigo, Galicia, no ano 1969, Gerardo Fernández Carrera adicou dende a súa nenez, gran parte da su vida á observación e ao aprendizaxe no coñecemento das especies tanto vexetais como animais.

Fillo de montañeiros e persoas ligadas as actividades do agro, tivo dende sempre unha ligazón estreita ca natureza, chegando a participar nas actividades de grupos naturalistas onde tivo contacto con destacadas figuras do conservacionismo e estudo da natureza en Galicia

Tendo rematados os seus estudos no Instituto Politécnico de Vigo, comezou a traballar no Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo (CSIC) como axudante de investigación. Posteriormente, os seus pasos profesionais lleváronlle a traballar no Instituto Español de Oceanografía (IEO), no Centro Oceanográfico de Vigo onde realizou traballos de apoio á investigación durante cinco anos no departamento de Pesquerías Lejanas do IEO, tanto en el estudio de vertebrados como en la catalogación de invertebrados dos caladeiros de Flemish Cap e Hatton Bank entre outros. Participou tamén en campañas científicas para o estudo do fitoplancton da plataforma galega e no apoio para a identificación de especies baixo a dirección de la Dra. Beatriz Reguera, investigadora principal del Instituto Español de Oceanografía.

Gran observador e coñecedor das aves da Península Ibérica e taxónomo aficionado en varios grupos de insectos, a súa actividade científica e divulgadora exténdese a traveso da participación activa con diferentes organizacións non gubernamentais para o estudo da fauna. Tal é o caso da Asociación Ibérica de Mirmecología, da que foi presidente e a través da cal organizou o “II Congreso Internacional de Mirmecología Ibérica. TAXOMARA, 2007” celebrado na Universidade de Vigo coa entomóloga Dra. Josefina Garrido, titular de zooloxía da mesma universidade e o profesor Dr. Xavier Espadaler Gelabert da Universidade Autónoma de Barcelona (CREAF). Neste campo chegouse a entrevistar, en novembro de 2007 co eminente biólogo Edward O. Wilson cando recibiu en Barcelona o XIX Premio Internacional de Catalunya, entrega ao que Gerardo Fernández Carrera foi invitado pola Generalitat de Catalunya.

Guía acreditado do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, foi o coordinador de proxectos de Voluntariado Medioambiental do Concello de Vigo e pioneiro na creación en Vigo, das Hortas-Escola Urbanas de Vigo, proxectos nos que participou activamente da man da gran montañeira Chus Lago, que por aquel entón era a Concelleira de Medio Ambiente  do Concello de Vigo e creadora do programa Camiño a Camiño neste municipio.

Asimesmo participou co seu discurso  sobre as Illas Cíes  nos anos 2014 e 2015 en FITUR, representando ao Concello de Vigo na súa campaña de promoción de “ Illas Cíes, Patrimonio da Humanidade”, ca Concellalía de Turismo.

A Senda do Moucho é un proxecto persoal do naturalista Gerardo Fernández Carrera e creado como empresa de Eventos de Educación Ambiental no ano 2017, logo dunha dilatada e experimentada traxectoria no campo do estudo e divulgación do Medio Ambiente en Galicia e outras latitudes de Europa.

Por medio dos seus afamados percorridos medioambientais, A Senda do Moucho, guía aos seus usuarios por diversos ecosistemas de relevancia patrimonial, tanto se se trata dun patrimonio medioambiental como se falamos do patrimonio etnográfico ou de relación do home co medio no que se desenvolve, explicando as características máis relevantes de cada lugar, incluso, en diferentes épocas do ano.

Naturalista, ilustrador, guía e divulgador, Gerardo Fernández Carrera está plenamente comprometido ca trasmisión e divulgación dos valores medioambientais a través do seu proxecto persoal. O seu obxetivo resúmese moi ben no seu lema:

“ Porque só protexemos o que valoramos, e só valoramos o que coñecemos”

Algunhas fotos