As poldras de Lourido.

As poldras de Lourido.

Ruta Circular polas fragas de Lourido e Maceira abeirando as marxes do río Tea.
Data: domingo, 19 de marzo de 2023

Tipo de Ruta: CIRCULAR
Lonxitude: 13 km.
Dificultade: Fácil-Moderado
Inicio:
Importancia: Bosque Atlántico Húmido e ribeiras do Tea.
Prezo: 15 € Adultos.
Medio de Transporte: Coches Propios.

Elevación máxima: 431 m
Elevación mínima: 204m

Sin saber aínda por onde comezaremos a facer sendeiro para observar estas fragas ou bosques atlánticos húmidos en primavera. O Concello de Covelo, atópase dividido por un gran elemento xeográfico coma é o río Tea. O río, debido ao seu caudal, faise difícil de atravesar dependendo da época do ano. Por iso, dende tempos moi pretéritos construíronse diversos tipos de pasos, poldras, pontóns e Pontes para atravesar dunha beira á outra.
En lugares moi diversos do río, habilitáronse “pasos”, “poldras” ou “pasos de pobres” para, incluso non ter que pagar os impostos por pasar as Pontes. Incluso habilitábanse calzadas no interior do río para pasar os carros e o gando xunto ás poldras tal como é no caso das Poldras ou Pasos de Lourido.

Pero todo isto, e máis, seravos interpretado se vides o vindeiro domingo, 12 de marzo connosco, con A Senda do Moucho.
Para anotarvos escribídenos ao: 627 13 39 78
AGARDÁMOSVOOOS CON MOITÍSIMA ILUSIÓN!!!!

Fecha

19 Mar 2023
Finalizdo!

Hora

09:00 - 17:00